Amigos da Ópera e a Banda Municipal de Música de Santiago organizan mañá un concerto coa soprano Mar Morán, segundo premio do IV Concurso de Canto Compostela Lírica

O Teatro Principal acollerá o recital mañá, domingo, ás 12.00 h. A entrada será gratuíta previa retirada e o programa xirará ao redor de composicións operísticas de Verdi e unha escolma de zarzuelas Venres, 23 de Outubro.-  Amigos da Ópera de Santiago e a Banda Municipal de Santiago de Compostela organizan mañá un concerto que…

Amigos da Ópera de Santiago e a Real Filharmonía estrean  en Compostela mañá xoves 5 de novembro a súa coprodución ‘Orfeo e Eurídice’

A Ópera, que se poderá tamén seguir por ‘streaming’ dadas  as restricións de aforo, será representada en dous dos tres papeis principais polas gañadoras do II Concurso de Canto Compostela Lírica: Olga Syniakova e Beatriz de Sousa Esta versión da famosa ópera de Gluck adáptase ás circunstancias sanitarias, polo que o Coro da Orquestra Sinfónica…

O XXI Ciclo de Lied remata mañá no Teatro Principal cun concerto que xirará ao redor da beleza da melancolía

No recital deste martes, o baixo-barítono José Antonio López  e o Cuarteto  Novecento interpretarán composicións de  Puccini, Mahler, Korngold, Finzi, Barber e Ravel. Santiago, 28 de setembro de 2020.- O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación…

O XXI Ciclo Lied explorará  ‘A beleza da melancolía’ a través dos grandes compositores do xénero con tres concertos no Teatro Principal

O programa deste ciclo, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación da Coruña, inclúe tres recitais que se celebrarán os días 18, 22 e 29 de setembro O primeiro dos concertos centrarase monograficamente en Beethoven co gallo do 250 aniversario do…

Amigos da Ópera de Santiago estreará o sábado no Teatro Principal a ópera ‘Il segreto di Susanna’ coa dirección artística de Cándido Pazó e a interpretación musical do TAC

A soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e o barítono Javier Franco serán as voces da produción, cuxas entradas xa están a venda na billeteira de Teatro Principal e na web de Abanca a un prezo de 10 euros. Santiago, 12 de decembro de 2017.- A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC)…