O Teatro Principal acollerá o recital mañá, domingo, ás 12.00 h. A entrada será gratuíta previa retirada e o programa xirará ao redor de composicións operísticas de Verdi e unha escolma de zarzuelas
Venres, 23 de Outubro.- Amigos da Ópera de Santiago e a Banda Municipal de Santiago de Compostela organizan mañá un concerto que contará coa voz da soprano Mar Morán, quen o pasado mes de decembro acadou o segundo premio do IV Concurso de Canto Compostela Lírica. O recital terá lugar no Teatro Principal de Santiago ás 12.00 h. O acceso será gratuíto até completar localidades e será necesaria a retirada previa das entradas a través da plataforma dixital www.compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C.
O programa do concerto, que contará coa dirección de David Fiuza, dividirase en dúas partes. A primeira dedicarase a composicións operísticas de Giuseppe Verdi. A segunda centrarase nunha escolma de zarzuelas asinadas por Barbieri, Vives, Chapí ou Sorozábal.
Mar Morán é natural de Badaxoz. A súa formación vogal destácase polo seu paso polo Conservatorio Victoria de Los Ángeles finalizando os seus estudos co Premio Fin de Grao e Premio Extraordinario da Música de Madrid. Debutou no mundo discográfico con Luna Clara, con Aurelio Viribay, co apoio do selo estadounidense Odradek Records, distinguido co Premio Melómano de Oro 2021. Entre os galardóns que recibiu, pódense destacar o Primer Premi Absolut no IV Concurso Internacional de Cant “Martín y Soler” 2021 ou 1º Premio en el 9º Certamen Internacional de Habaneras para Solistas Líricos 2021. En decembro de 2022, acadou o segundo premio do IV Concurso de Canto Compostela Lírica, organizado por Amigos da Ópera de Santiago co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña ou o Consello da Cultura Galega.