III Concurso de Canto Compostela Lírica
O III Concurso de Canto Compostela Lírica, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, terá como destinatarios/as os novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é proporcionarlles unha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras. A organización corre a cargo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de
Compostela, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e da Universidade de Santiago de Compostela.
Primeiro premio
Christian Gil-Borrelli
Christian Gil-Borrelli comeza a súa carreira musical na Universidade de Santiago de Compostela, formando parte de varios grupos da escena musical local. Tras licenciarse en Medicina, Borrelli trasládase Madrid, onde comeza a súa formación académica no Conservatorio Arturo Soria e na Escola Superior de Canto.
Finalmente instálase na Alemaña para estudar coa mezzosoprano María José Montiel na prestixiosa Universität der Künste de Berlín, onde reside actualmente. Neste breve período, Christian Borrelli logrou converterse nun dos contratenores españois con maior proxección, ofrecendo recitais e concertos en festivais e teatros de toda España, así coma no Festival Monteverdi en Cremona ou no Bachfest de Leipzig.
Activo no panorama da arte contemporánea, Borrelli creou diferentes proxectos musicais e performativos xunto a outros artistas. Ademais, a súa formación como médico salubrista dota a súa produción artística dunha perspectiva social
e científica.
Segundo premio
Annya Pinto
Annya Andrea Pinto Figueroa, soprano chilena e profesora de Educación Musical titulada en Chile, estudou cos cantantes chilenos Rodrigo Navarrete, Angela Maureen Marambio e Paulina Gonzales.
Formou parte do programa Centre de Perfeccionament Plácido Domingo do Palau de les Arts Reina Sofia, e estivo na Escola Superior de Canto de Madrid traballando con Victoria Manso. Actualmente forma parte da Escola Superior de Música Reina Sofía estudando co mestre Francisco Araiza.
Interpretou os roles de Donna Anna en Don Giovanni, de W.A.Mozart; Mercedes en Carmen, de G. Bizet; Giannetta en Elixir de amor, de G. Donizetti; Despina en Cosi fan Tutte, de W.A.Mozart, e Clarice en El mundo de la Luna, de J. Haydn, entre outros. No repertorio sinfónico, cantou Petite Messe Solennelle, de G. Rossini, xunto a Europa Galante co mestre Fabio Biondi; Stabat Mater, de F. Poulenc, Requiem e Misa de Coronación, de W.A.Mozart
Terceiro premio. Premio Andrés Gaos
Alejandro Baliñas
Alejandro Baliñas nace en Villestro (Santiago de Compostela) no ano 1997, estudia piano no conservatorio de Santiago de Compostela, finalizando os seus estudos no ano 2017, ao mesmo tempo estuda canto en Santiago e, máis adiante, na Coruña Finaliza no ano 2019 e supera a proba de acceso entrando como número 1 no Conservatorio do Liceu de Barcelona e no Luigi Cherubini de Florencia, actualmente é bolseiro da fundación Ferrer-Salat para todos os anos de estudo no Conservatorio do Liceu onde continua formándose co mestre Carlos Chausson.
Participou nas dúas últimas temporadas líricas de Amigos da Ópera da Coruña e tamén nas últimas tres edicións da Escola de Ópera de Sabadell nos papeis de Pistola (Falstaff), Alidoro (Cenerentola) e Sarastro (A Frauta máxica). No ano 2021, formará parte do elenco das producións de Tosca e Aida de Amigos da Ópera de Sabadell nos paeis de Angelotti e Il Re, respectivamenente.
Ademais de Carlos Chausson, recibiu clases maxistrais de Francesca Roig, Juan Jesús Rodríguez, Manuel Burgueras e Marta Pujol, entre outros