IV Concurso de Canto Compostela Lírica

IV Concurso de Canto “Compostela Lírica”, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, ten como destinatarios/as novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é proporcionarlles unha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras. A organización corre a cargo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela ou o Consello da Cultura Galega

O IV Concurso de Canto Compostela Lírica está reservado exclusivamente ao xénero Ópera, na modalidade de voz solista de calquera textura vogal. Non poderán concorrer quen xa obtivese o primeiro premio ou o segundo premio en edicións anteriores.

A idade mínima para participar será de 18 anos e a idade máxima será de 35 anos. Este requirimento debe cumprirse a 1 de xaneiro de 2021.

Bases

Primeiro premio

Natalia Labourdette

Natalia Labourdette, soprano, estudou violín na súa cidade natal (Madrid) e cantou na Universidade das Artes de Berlín. Foi galardoada nos concursos internacionais de Logroño, Riccardo Zandonai e Nuevas Voces de Sevilla.

Debutou en 2016 como Oscar (Un ballo in maschera) nos teatros Dante Alighieri di Ravenna, Comunale di Ferrara e Municipale di Piacenza, onde tamén interpretou a Rosina (Il Barbiere di Siviglia) en 2017. Debutou en teatros coma o da Maestranza interpretando a Nannetta (Falstaff), Charlotte (Der Diktator), Bubikopf (Der Kaiser von Atlantis) e Despina (Così fan tutte). No Teatro Real, encarnou a Tebaldo (Don Carlo), a Corinna (Il viaggio a Reims) no UniTBerlin e a Lucia (Lucia di Lammermoor) con OperaGarage en Madrid.

Invitada a diversos festivais de Lied, en 2022 lanza o seu primeiro proxecto discográfico neste xénero. Tamén cantou o repertorio sinfónico con diversas orquestras (ORTVE, ROSS, OCG, etc.)

Segundo premio

Mar Morán

Mar Morán é natural de Badaxoz. A súa formación vogal destácase polo seu paso polo Conservatorio Victoria de los Ángeles finalizando os seus estudios co Premio Fin de Grao e o Premio Extraordinario de Música de Madrid. Rematou na ESCM con matrícula de honra e obtivo o Premio Fin de Carreira Lola Rodríguez de Aragón 2020.

Agraciada coas bolsa de Juventudes Musicales de Madrid,  da Asociación Amigos de la Ópera de Madrid” e coa Beca Talento outorgada pola International Opera Academy de Gante para participar na súa Opera-Studio. Recibiu clases de: Stéphanie d’Oustrac, Nicola Beller, Charlotte Margiono, Martin Wölfel, Dietrich Henschel, Plácido Domingo…

A súa estrea discográfica chegou con Luna clara, xunto a Aurelio Viribay, apoiado polo selo norteamericano Odradek Records e galardoado co Premio Melómano de Ouro 2021. Recentemente interpretou o emblemático rol da Raíña da Noite de A frauta máxica no Teatro Campoamor de Oviedo.

PREMIOS: Premi Absolut no IV Concurs Internacional de Cant “Martín y Soler” 2021, obtivo o 3º Premio no XXXVIII Concurso Internacional de Canto de Logroño 2021 e o 1º Premio no  9º Certamen Internacional de Habaneras para Solistas Líricos 2021.

Terceiro premio. Premio Andrés Gaos

Irene Zas

Irene Zas comezou os seus estudos de canto no Conservatorio Profesional de Música da Coruña da man da mestra Diana Somkhieva. Participou en diferentes cursos e masterclass de Mariella Devia, Manuel Burgueras e Markus Fohr, entre outros.

Foi membro do Coro Joven de la Sinfónica de Galicia do 2012 ao 2015 e actualmente da asociación lírica Encantados. Participou como solista en diferentes proxectos como a misa de Dvorak co coro Vocalisse, Valses Gallegos co coro Follas novas, Alborada nun dia de festa coa banda e o coro do conservatorio profesional de música da Coruña e a Gala Líirica do 17 de xullo de 2021 no Parco Acqua Santa Chianciano Terme coa orquestra sinfónica e o coro do Conservatorio di musica Luigi Cherubini di Firenze.

Actualmente está cursando o  segundo curso do Triennio no Conservatorio di musica Luigi Cherubini di Firenze

Galería gañadores

Galería finalistas

Participantes