I Concurso de Canto Compostela Lírica
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na súa área metropolitana. As súas finalidades son o cultivo e mais o fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar a unha expansión e a un maior coñecemento da mesma. En 2018 celébrase a primeira edición do Concurso de Canto Compostela Lírica, con grande éxito de participantes e unha acollida calorosa por parte do público.
O Concurso de Canto Compostela Lírica, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, ten como destinatarios/as a novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é proporcionar unha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras. A organización corre a cargo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela,
e do Consello da Cultura Galega.
Primeiro premio
Alexandra Tarniceriu
Nacida en Romanía, comezou a estudar piano con 8 anos e canto, con 12. Recibiu formación musical en Piatra Neamt e Bucarest (Romanía), Zúrich (Suíza), Milán (Italia) e, co pianista Javier San Miguel Moreno, en Salamanca.
Gañadora de importantes premios e unha bolsa de estudos en Salzburgo, debutou na Ópera de Zurich en 2013 cun papel en Jenufa, de Leoš Janácek. Despois, até finais de 2015, seguiu cantando outros papeis importantes coma o da escrava de Liù, en Turandot, a mesma obra onde se canta tamén a famosa aria di Calaf, Nessun dorma. Entre 2016 e 2019 a súa actividade levou a cantar en diferentes festivais e teatros en Suíza, Alemaña, España, Italia e Romanía, recibindo diversos recoñecementos.
Segundo premio
Lucía Tavira
Lucía Tavira, naceu en Córdoba no ano 1985, cursa os seus estudos de canto nos conservatorios da súa cidade natal mentres recibe clases do catedrático de canto Carlos Hacar. Finaliza os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Sevilla Manuel Castillo con Matrícula de Honra.3
Recibiu masterclass de prestixiosos mestres de canto como son Carlos Álvarez, Jorge Chaminé, Ana Luisa Chova e Monserrat Caballé. Desde 2011 é alumna do mestre de Canto Bernardo Villalobos, profesor do Lindemann Young Artist at the Metropolitan Opera de Nueva York.
Entre as súas actuacións como solista conta cun amplo repertorio coma o Requiem, de W.A. Mozart coa Orquestra de Córdoba; Requiem, de G. Fauré; The seven last words of Christ, de H. Schütz; Funeral of Queen Mary, de H. Purcell, e Misa breve e Misa da Coroación, de W. A. Mozart. Actuou como solista do Gloria de A. Vivaldi coa Camerata Capricho Español en Córdoba e Úbeda. Debutou co papel de Dama de Lady Macbeth en la ópera Macbeth, de G. Verdi, baixo a batuta do mestre Miguel Ortega coa Orquestra de Córdoba no Gran teatro de Córdoba.