O Concurso Compostela Lírica
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen áni- mo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na sua área metropolitana. As súas finali- dades son o cultivo e fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar a unha expansión e a un maior coñecemento da mesma. En 2018, 2019, 2020 e 2021, celebráronse a primeiras edicións do Concurso de Canto, con gran éxito de participan- tes e unha acollida calorosa por parte do público.
O V Concurso de Canto “Compostela Lírica”, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Mar- tínez, terá como destinatarios/as a novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é forne- celos dunha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras. A organización corre a cargo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Consello da Cultura Galega.

I Concurso de Canto Compostela Lírica
O Concurso Compostela Lírica A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen áni- mo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na sua área metropolitana. As súas finali- dades son o cultivo e fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar…