Mar Morán fíxose co segundo premio e Irene Zas Martínez, co galardón destinado ás voces galegas
O IV Concurso Lírico, que entregou un primeiro premio de 4.000 euros e un segundo de 1.500 financiados pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago e do Consello da Cultura Galega.
Santiago, 12 de decembro.- A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e o Consello da Cultura Galega, organiza o IV Concurso de Canto Compostela Lírica tras o éxito de participación e público das tres primeiras edicións. A cantante Natalia Labourdette gañou esta edición de 2021, ano en que o xurado destacou o gran nivel tanto dos 59 inscritos coma dos 20 solistas que finalmente pasaron este fin de semana polo Auditorio de Galicia nas finais do certame.
Natalia Labourdette gañou o primeiro premio, consistente en 4.000 euros e tres actuacións remuneradas (unha coa Real Filharmonía de Galicia, outra no marco do Festival Les Musicales du Luberon e outro dentro da temporada de Ópera de Oviedo) Natalia Labourdette é soprano, estudou violín na súa cidade natal (Madrid) e cantou na Universidade das Artes de Berlín. Foi galardoada nos concursos internacionais de Logroño, Riccardo Zandonai e Nuevas Voces de Sevilla. Debutou en 2016 como Oscar (Un ballo in maschera) nos teatros Dante Alighieri di Ravenna, Comunale di Ferrara e Municipale di Piacenza, onde tamén interpretou a Rosina (Il Barbiere di Siviglia) en 2017. María del Carmen Carballido Rey e Soledad Sánchez Silva, de la Fundación José Otero-Carmela Martínez, entregáronlle o Premio.
Pola súa banda, Mar Morán fíxose co segundo premio, que conta cunha dotación económica de 1.500 euros e unha actuación remunerada en Santiago de Compostela.Marimar Machado Morán (Mar Morán) é natural de Badaxoz. A súa formación vogal destacouse no Conservatorio “Victoria de los Ángeles” finalizando os seus estudos con Premio Fin de Grao e Premio Extraordinario de Música de Madrid. Rematou na ESCM con matrícula de honor e obtendo o Premio Fin de Carrera Lola Rodríguez de Aragón 2020. Cunha bolsa por “Juventudes Musicales” de Madrid, “Asociación Amigos de la Ópera de Madrid” y con la “Beca Talento” outorgada pola International Opera Academy de Gante para participar en su Opera-Studio. O aseu debut discográfico chegou con “Luna clara” con Aurelio Viribay, avalado polo selo norteamericano Odradek Records. A concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, entregou este segundo premio.
Finalmente, Irene Zas Martínez recibiu o recoñecemento á cantante de orixe galega por parte do xurado, que quixo destacar a potencialidade dunha voz que está en formación. Así, esta distinción pretende impulsar a súa carreira no futuro. Este galardón, que leva o nome de Andrés Gaos, inclúe unha actuación remunerada dentro da programación do Consello de Cultura Galega, institución que patrocina este galardón e que estivo representada polo seu vicepresidente, Xosé Manoel Núñez Seixas.