- Amigos da Ópera de Santiago de Compostela - Quen Somos
 

Presentación

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e no seu ámbito comarcal. Os seus fins son o cultivo e fomento da ópera e todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan conducir á expansión e coñecemento da mesma, con especial atención á difusión e promoción do xénero lírico entre a xuventude.

Para levalos a cabo, a Asociación organiza diversas actividades, como  representacións de ópera, concertos, conferencias, cursos, exposicións, proxeccións e todas aquelas que poidan estar relacionadas cos fins da Asociación, incluíndo a promoción e cooperación en calquera actividade relacionada coa música e demais artes. Outorga especial relevancia aos cantantes líricos galegos nos seus primeiros anos a través da organización de concertos, cursos ou outras actividades formativas.