Colexio de Fonseca (Salón do artesonado) do 4 de outubro ao 16 de novembro de 2024. Santiago de Compostela

Comisarios:
F. Javier Garbayo Montabes (USC)
María del Carmen Lorenzo Vizcaíno (UNIR)
Producción:
Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Agencia Estatal de Investigación (AEI), a través del I+D+i: “Galicia-América: Música, pensamiento e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950)” (AEI/10.13039/501100011033 , en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
A exposición, presidida por unha gran galería de retratos, invita a viaxar detidamente a través dos diferentes panéis informativos e vitrinas con documentación, adicados a 21 mulleres, galegas de nacemento ou de adopción, que levaron a súa arte polo mundo adíante. Nais, esposas, mestras, empresarias e sobre todo, cantantes e actrices que coa súa voz deron vida a personaxes de revista, ópera e zarzuela polos camiños teatrais que van de Lisboa a San Petersburgo, de Vancouver a Valparaíso ou do norte de África.
A exposición irá acompañada dun ciclo de conferencias que serán impartidas na sede da Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela.