O hispano-cubano Andrés Sánchez-Joglar conquistou o segundo premio, mentres que a colombiana Yeraldín Leon se fixo co terceiro. Por último, o Diploma Andrés Gaos recaeu na voz de Gabriel Alonso
O VII Concurso de Canto Compostela Lírica, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia, a Diputación da Coruña, o Concello de Santiago, o Consello da Cultura Galega e a Fundación José Otero-Carmela Martínez, celebrou a súa final nun acto no que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o secretario do Consello da Cultura Galega, Alejo Amoedo, e Antonio Linares Secto, membro da Fundación José Otero-Carmela Martínez. Os catro representantes institucionais actuaron como entregadores tras unha final na que participaron dez finalistas e que estivo presentada polo actor Xosé Barato.
Primer Premio: Milan Perišić
Nadoen Novi Sad (Serbia), o barítono Milan Perišić estudou composición na súa cidade natal e canto no Conservatorio Tartini de Trieste. É gañador dos concursos internacionais Josep Plat, Les Corts e BA Lirica. Estrea a temporada 24/25 con dúas produccións de Carmina Burana. Seguirá cos debuts na Opera National de Paris interpretando un Député flamand en Don Carlo, e no Teatre Principal de Palma de Mallorca Malatesta en Don Pasquale. Tamén destaca o rol de Marcello en La Bohème coa Òpera Catalunya e o seu retorno ao Gran Teatre del Liceu con West Side Story baixo la batuta de Gustavo Dudamel.
Nla temporada 23/24 destacaron as súas participacións como Scarus na reestrea europea de Antony & Cleopatra, de John Adams, no Gran Teatre del Liceu, L`Holoroge/Le Chat en LÉnfant et les Sortileges de Ravel na Ópera de Tenerife, e Lescaut de Manon Lescaut de Puccini en Ópera Catalunya. No Teatro Real cantou roles como Lacayo, Iván Ivánovich, e Estudiante en La Nariz de Shostakovich. Traballou con directores musicais como Giacomo Sagripanti, Jordi Savall e Henrik Nánási.
Segundo Premio: Andrés Sanchez Joglar
O tenor Andrés Sánchez Joglar graduouse na Unidade docente de Canto Lírico do Conservatorio Amadeo Roldán da Habana, Cuba con cualificacións excelente e felicitacións por parte do Xurado avaliador. Durante a súa etapa de estudante, foi seleccionado para representar os roles dos homes armados da Frauta Máxica, o Normando e o Arturo de Lucia de Lammermoor, Giuseppe de Traviata e Parpignol da Bohéme, entre outros.
Debutou como solista no ano 2007 con só 24 anos no rol de Mario Cavaradossi de Tosca. Posteriormente, Alfredo da Traviata, Duque de Mantua de Rigoletto (sendo este un dos roles máis representado na súa carreira artística), Saturnin de Lle Val D’Andorra, Florestan de Fidelio, Febo da ópera contemporánea O Canto do Amor Triunfante, Luigi de Il Tabarro, e Rinuccio de Gianni Schicchi; os dous personaxes nunha mesma representación de Il Triticco de Puccini; Pinkerton de Madama Butterfly, Requiem de Mozart e o Requiem de Verdi.
Tercer Premio: Yeraldín León
Yeraldín León é unha mezzosoprano colombiana graduada da Escola Superior de Música Raíña Sofía onde foi recoñecida como a alumna máis sobresaliente da cátedra de canto Alfredo Kraus 2020-2021; dita mención foille entregada por S.M a raiña Dona Sofía. Tamén fixo parte do programa Crescendo creamos ópera do Teatro Real de Madrid.
Interpretou varios roles en producións do Teatro Colón de Bogotá, Teatro Maior Julio Mario Santodomingo, Ópera de Colombia, Opera Moza de Badaxoz e a franxa Real Junior do Teatro Real de Madrid. Ademais, cantou como solista con agrupacións como a Orquestra Filarmónica de Bogotá, Orquestra Sinfónica da Universidade Nacional de Colombia, Orquestra de Cámara da Orquestra Sinfónica de Madrid, Orquestra Sinfónica Cidade de Elxe e a Nova Orquestra da Comunidad de Madrid.
Recentemente gañou a bolsa da Asociación Wagneriana de Madrid para asistir ao Festival de Bayreuth e tamén o segundo premio no 20 Concurso Internacional de Música de Les Corts Instrumental e de Canto. Grazas ao seu talento e singular cor de voz recibiu o apoio de varias institucións que colaboran nos seus estudos e seguir perfeccionando o seu instrumento. Actualmente é bolseira da Fundación Ópera Actual.
Diploma Andrés Gaos
Gabriel Alonso Díaz é graduado en Canto pola Escola Superior de Música Raíña Sofía baixo a tutela dos mestres Ryland Davies e Francisco Araiza, entre os anos 2017 e 2022. Ademais, recibiu masterclases de Ruggero Raimondi, Teresa Berganza, Javier Camarena, Sarah Connolly, entre outros.
Formou parte de producións como Rigoletto no Teatro Cervantes de Málaga. Con Amigos da Ópera da Coruña participou en La Verbena de la paloma, A forza do destino e Roméo et Juliette. Con Amigos da Ópera de Vigo en Rigoletto. No Festival de Zarzuela de Oviedo coa Gran Vía. No Teatro Real de Madrid en Gala Mozart Revolution, entre outros. Con directores como Alain Guingal, Giuseppe Finzi, Diego García Rodríguez, Víctor Pablo Pérez e Pedro Halffter. Realizou numerosas estreas absolutas, e importantes compositores actuais como Miquel Ortega, Juan Durán ou Borja Mariño escribiron obras dedicadas para a súa voz.





