V Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago e o Consello da Cultura Galega, convoca o V Concurso de Canto Compostela Lírica. As bases deste 2022 traen novidades no apartado dos galardóns, xa que o certame pasa de outorgar dous a tres premios, ademais do Diploma Andrés Gaos polo que competirán a maiores as voces de orixe galega. Deste modo, o V Concurso de Canto Compostela Lírica concederá un primeiro galardón consistente en 4.000 euros e tres actuacións remuneradas: unha coa Real Filharmonía de Galicia, outra no marco do Festival Les Musicales du Luberon e unha terceira cun papel na temporada da Ópera de Oviedo.
O segundo galardón consistirá en 2.000 euros -increméntanse 500 euros en comparación coa edición anterior- e un recital remunerado en Santiago de Compostela. O terceiro galardón, a novidade deste ano, contará con 1.000 euros de dotación económica e un diploma acreditativo. Por último, o Premio Andrés Gaos, patrocinado polo Consello da Cultura Galega, incluirá un recital remunerado.
Primeiro premio
Carmen Buendía
Carmen Buendía, nacida en Xaén (1993), comeza os seus estudos musicais á idade de nove anos. En 2013 continúa a súa formación superior no Conservatorio Rafael Orozco de Córdoba para finalizala no Conservatorio Luigi Cherubini de Florencia en 2020. Foi alumna de importantes academias como son o Maggio Musicale Fiorentino, a Accademia Rossiniana (Pesaro) e a Academia Belcanto Rodolfo Celletti (Martina Franca). Desde 2018 gañou varios premios en concursos internacionais entre os que destacan: Premio no Concurso de Juventudes Musicales de Madrid; Primeiro Premio no Concurso Internacional de Canto Cidade de Logroño; Primeiro Premio no Certame Novas Voces Cidade de Sevilla e primeiro Premio no IX Concurso Internacional de Canto Un Futuro DeArte. Interpretou diversos roles : Violetta (Traviata), Donna Elvira (Don Giovanni), Marcellina (Nozze di Figaro) ou Berta (Barbiere di Siviglia) en importantes Teatros Internacionales, destacando: Maggio Musicale Fiorentino, Teatro de La Fenice (Venecia) ou Rossini Opera Festival (Pesaro)
Segundo premio
Andrea Niño
Andrea Niñoé graduada do conservatorio da Universidade Nacional de Colombia. Proseguiu coa súa formación no Conservatorio do Liceu de Barcelona, o Centro de perfeccionamento de Plácido Domingo do Palau de les Arts Reina Sofía e na Academia del Teatro alla Scala. Gañou o primeiro lugar no Concurso de canto lírico Cidade de Bogotá (2017) da Orquestra Filarmónica de Bogotá; o Concurso Mirna Lacambra de Sabadell (2019), o premio do público do Concorso Lirico Internazionale di Portofno (2021); e o primeiro lugar do Concorso di canto lirico virtuale Fiorenza Cedolins (2021).
Terceiro premio.
Milan Perišić
Milan Perišić (1992) gradouse en Composición (2015) na Academia de Arte de Novi Sad e obtivo a Maestría en Canto (2021) no Conservatorio de Música Giuseppe Tartini de Trieste. Obtivo o segundo premio no VI Concorso Internazionale di Canto Bellano Paese degli Artisti (2022), o terceiro premio no XXXVIII Concurso Internacional de Canto Cidade de Logroño (2021), o premio Jardí de l’Albarda no I Concurso Internacional de Canto de Alcalá de Henares (2022) e o premio Touring Club / Sicilia Classica Festival no X Concorso Fausto Ricci (2022). Está entre os cantantes seleccionados para a segunda edición do programa CRESCENDO para cantantes novos do Teatro Real de Madrid (2022).
Premio Andrés Gaos
Emilia Pérez
Emilia Pérez nace no Carballiño en 1999, alí comezou os seus estudos musicais de canto. Terminounos posteriormente en Vigo, recibindo o Premio de Fin de Grao Profesional no 2019. Actualmente estuda o Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recentemente obtivo o terceiro premio no VII Concurso de Solistas do CSM Vigo e participou no taller de ópera deste conservatorio en coprodución coa ESAD de Galicia e o IES Audiovisual de Vigo onde interpretou a Susanna (“Il segreto di Susanna”, Wolf-Ferrari). Tamén foi gañadora das dúas últimas edicións do concurso Mirna Lacambra na ópera de Sabadell onde cantou, respectivamente, os roles de Berta (“Il barbiere di Siviglia”, Rossini) ou Donna Anna (“Don Giovanni”, Mozart).