O ciclo, organizado polo Concello de Santiago en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago, ofrece mañá un repertorio de composicións de Schumann, Mahler, Mendelsshon e Brahms
Mércores, 17 de xaneiro de 2024.- O Ciclo Lied, organizado polo Concello coa colaboración de Amigos da ópera de Santiago de Compostela ao abeiro do Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG, pechará mañá esta edición con Duettos, un recital no que participarán a mezzosoprano Catriona Morison, o barítono Konstantin Krimmel e o pianista Ammiel Bushakevit. O concerto celébrase ás 20.30 horas e ás 19.00 horas, na Sala Mozart celebrarse unha nova sesión de Conversando con… Desta volta, o protagonista será o musicólogo Luis Gago.
O programa inclúe composicións de Robert Schumann, Gustav Mahler, Felix Mendelsshon e Johannes Brahms.