A compañía Voadora estreará a ópera contemporánea A amnesia de Clío o próximo 10 de novembro, ás 20:30 horas, en Santiago de Compostela, que suporá tamén o seu debut neste xénero lírico. Como escenario da súa estrea, o Auditorio de Galicia acolleu hoxe a presentación aos medios de este espectáculo, en el participou tamén o presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, entidade que impulsa este proxecto en colaboración con outras entidades.
Marta Pazos dirixe a peza, a primeira ópera producida pola súa compañía, baseada no libreto en galego de Fernando Epelde e coa composición musical de Fernando Buide. Pola súa parte, Paul Daniel encargarase da dirección musical da Real Filarmónica de Galicia, mentres que as voces do coro Orfeón Terra A Nosa estará dirixidas por Miro Moreira. Nos papeis principais estarán Raquel Lojendio como Clío, Sebastián Peris como George e Marina Pardo como Mannon/Merkel.
A estrea do día 10 será un dos actos culturais da temporada, que gozarán tamén os espectadores da Coruña que asistan á función do 12 de novembro no Teatro Colón, e de Ourense, no Teatro Municipal Auditorio o 14 de novembro en versión concerto.
A amnesia de Clío preséntase como unha extravagante viaxe polo mundo da política, no que a realidade e a ficción se entrecruzan para dar lugar a unha ópera que a compañía define como contemporánea e cinematográfica.