Amigos da Ópera de Santiago e a Real Filharmonía estrean  en Compostela mañá xoves 5 de novembro a súa coprodución ‘Orfeo e Eurídice’

A Ópera, que se poderá tamén seguir por ‘streaming’ dadas  as restricións de aforo, será representada en dous dos tres papeis principais polas gañadoras do II Concurso de Canto Compostela Lírica: Olga Syniakova e Beatriz de Sousa Esta versión da famosa ópera de Gluck adáptase ás circunstancias sanitarias, polo que o Coro da Orquestra Sinfónica…