II Concurso de Canto Compostela Lírica

O II Concurso de Canto Compostela Lírica, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, terá como destinatarios/as os novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é proporcionarlles unha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras. A organización corre a cargo da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de
Compostela, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e da Universidade de Santiago de Compostela.

Bases

Primeiro premio

Olga Syniakova

Mezzosoprano ucraína, Olga Syniakova gradúase na Academia de Música de Dnipro. Fixo o seu debut como Cherubino en Le Nozze di Figaro na ópera de Dnipro. Despois, foi invitada para actuar como Lola en Cavalleria Rusticana e Carmen, en Carmen, coa mesma entidade.

Estodou na Ópera Plácido Domingo en Valencia desde setembro de 2017 até xullo de 2019. Alí realizou concertos e clases maxistrais con Roger Vignoles, Jocelyne Dienst Bladin e traballou no Palau de Les Arts Valencia nos papeis de Ernesto en Il Mondo de la Luna baixo a batuta de Jonathan Brandani,; Segunda dama de The Magic Flute, Laura  en Iolantam ou Contessa di Ceprano en Rigoletto, na que Rigoletto foi  interpretado por Leo Nucc.i

Tamén cantou coa Oquestra Europa Galante, dirixida por Fabio Biondi en St. Petri Dom Bremen, onde fechou o Bremen Musikfest. Máis tarde cantou co mestre Fabio Biondi Anfinomo. Participou no Festival internacional de novos artistas en China en agosto de 2019. Syniakova recibiu o premio á mellor mezzosoprano da temporada 2018-2019 no Palau de Les Arts Reina Sofia de Valencia.

Olga recibiu clases maxistrais cos cantantes máis famosos do noso tempo: Plácido Domingo, Mariella Devia, Jaume Aragall, Ryland Davies, Enedina Lloris, Eva Mei ou Manuela Custer.

Segundo premio

Beatriz De Sousa

Nacida en Lisboa, estuda no Conservatorio do Liceu e na Universidade de Música de Viena. Esta temporada debutou no papel de Adina (L’elisir d’amore, Donizetti) na Ópera de Tenerife, rol que volverá representar na Ópera Nacional de Tbilisi e no Teatro Comunale di Bologna.

Destacou en roles como Lucy (The Telephone, Menotti) na Fundación Gulbenkian, Anima Ingrata (Il Ballo delle Ingrate, Monteverdi) na Dutch National Opera, Corinna (Il Viaggio a Reims, Rossini) no Rossini Opera Festival, Galatea (Acis and Galatea, Händel) na New Belgrade Operae, e Pamina (Die Zauberflöte, Mozart) en diversos festivais en Francia e Austria.

Traballou con directores de orquestra e de escena como Carlo Rizzi, Pierre Audi, António Méndez, Mario Pontiggia e Michele Spotti.Foi Bolseira en diversas ocasións da Fundación Gulbenkian.

Actualmente estuda con Sylvia Greenberg e David Aronson en Viena. Complementa a súa formación a través de masterclases con Alberto Zedda, Giulio Zappa e Mariella Devia.

Terceiro premio. Premio Andrés Gaos

Lucía Iglesias

Lugo, maio do 2000. Comeza os seus estudos musicais á idade de seis anos. Dous anos despois traballa xa de figurante na ópera Werther e é aí onde descobre a súa vocación polo canto e mais a ópera. Forma parte durante nove cursos do Coro de Niños e mais do Coro Joven da OSG e nelas exerceu habitualmente de solista.

Principia os seus estudos vogais coa mestra Diana Somkhieva. Gaña o concurso de solistas do Conservatorio da Coruña e o concurso de Mirna Lacambra, o que lle dará lugar a facer a súa estrea profesional aos 19 anos no papel de Tisbe en La Cenerentola, de G. Rossini.

Frecuenta habitualmente cursos dos mestres Manuel Burgueras e Francesca Roig.

Actualmente compaxina o seu último curso de grao profesional nas especialidades de canto e piano cos seus compromisos na capital catalá.

Galería gañadores

Galería finalistas

Participantes