Laura Brasó gañou o segundo premio, dotado con 2.000 euros e un recital remunerado, mientras que o andaluz Marcelo Solís e o chino Zhang Shuei compartiron o terceiro galardón, que vién acompañado de 1000 euros. O Diploma Andrés Gaos, que recoñece a voz galega máis prometedora recaeu no vigués Lucas López
O VI Concurso de Canto Compostela Lírica, organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago coa colaboración de entidades e institucións como a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña ou a Fundación José Otero-Carmela Martínez, xa ten voces gañadoras.
A soprano Paulina Bielarczyk gañou o primeiro premio, dotado con 4000 euros, ccun recital no marco do Festival Les Musicales du Luberon e cun rol de temporada na Ópera de Oviedo. Laura Brasó fíxose co segundo premio, dotado con 2.000 euros e unha actuación remunerada en Santiago de Compostela. O terceiro posto recaeu de forma compartida entre Marcelo Solís e o chinés Zhang Shuei, quen levan 1000 euros. Por último, o Diploma Andrés Gaos á voz galega máis prometedora recoñeceu a Lucas López. Esta distinción vén acompañada por unha actuación no marco da programación do Consello da Cultura Galega.
Á final chegaron oito finalistas: o barítono Lucas López (Vigo), o barítono Marcelo Solís (Málaga), a soprano Laura Brasó (Barcelona), a soprano Ainhoa López de Munain (Vitoria), o baixo Alejandro López (México), o baixo Zhang Shuai (China), a soprano Paulina Bielarczyk (Polonia) e a soprano Celia Cuéllar (Palma de Mallorca). A gala estivo conducida pola actriz Mabel Rivera e contou con diferentes membros da corporación de Santiago de Compostela entre o público: José Antonio Constenla, do grupo municipal do PP; Mercedes Rosón, do grupo municipal do PSdeG, e Manuel César Vila, do grupo municipal do BNG e concelleiro de Economía e Facenda, que se encargou de entregar o segundo galardón. Idéntico papel exerceu Alfredo Campos García, patrono da Fundación José Otero-Carmela Martínez, quen fixo entrega do terceiro e o primeiro premio. Por último, Silvestre Gómez Xurxo, secretario do Consello da Cultura Galega, entregou o Diploma Gaos.
O xurado jurado estivo formado por Patrick Canac, presidente e fundador de Les Musicales du Luberon; Elisabete Matos, directora artística do Teatro São Carlos de Lisboa; Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells, crítica musical; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de canto; Celestino Varela, director artístico da Ópera de Oviedo, e Arturo Reverter, crítico musical encargado de presidir o xurado. Actuou como secretario, sen voz nin voto, José María Miranda Boto, meembro da Xunta Directiva de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.